A falla de médicos no centro de saúde provoca novas queixas en Ribeira

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, súmase ás queixas da veciñanza esta semana pola falla de médicos no centro de saúde da localidade.

Segundo el, chegou a haber catro facultativos menos dos que debera. Unha cifra que se verá aumentada esta vindeira semana, xa que a previsión é que dous novos médicos inicien tamén  o seu período de vacacións.

Dende o Concello xa presentaron a súa queixa ó Sergas, pedindo unha solución urxente a este problema, co fin de garantir a calidade asistencial que se presta a cotío ós veciños.