O BNG de Ribeira reclama a construción dunha nova biblioteca

RIBEIRA> O BNG de Ribeira demanda a construción dunha nova biblioteca. Para os nacionalistas as actuais instalacións, non reúnen as condicións axeitadas debido á súa situación, accesibilidade e espazo.

A través dunha moción que levarán ó vindeiro pleno, o BNG ribeirense reclama a construción dunha nova biblioteca, que estea equipada con tódolos servizos necesarios para este tipo de instalacións. Segundo eles as actuais dependencias, no segundo andar do edificio do Círculo Mercantil, non reúnen as condicións axeitadas en canto a espazo, accesibilidade e servizos.

Para os nacionalistas é o momento de dar resposta ás necesidades que demanda a veciñanza de Ribeira, que contribuiría á dinamización da vida social e cultural da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí