BOIRO> O alcalde, Xoán Xosé Dieste, acompañado de boa parte do seu equipo de goberno, inauguraban esta mañá as obras de humanización levadas a cabo nesta rúa. Despois de varios meses de traballos, o executivo boirense procedeu esta mañá á inauguración das obras de humanización da zona do Rueiro en Escarabote. A actuación permitiu mellorar considerablemente o estado desta rúa, unha das principias arterias deste núcleo boirense, cun gran dinamismo comercial no pasado. Ademais da pavimentación da rúa con lousas de pedra, instalouse unha nova rede de saneamento e abastecemento de auga. A actuación conta cun presuposto próximo ós 90 mil euros, que irán con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. O goberno local aproveitou ademais para instalar un monolito ó inicio da rúa, para identificar que se trata precisamente do antigo Camiño Real.
Inicio Barbanza - Muros - Noia