O concello de Boiro celebrou hoxe o seu tradicional xantar de confraternidade

    BOIRO> O acto estivo presidido polo alcalde, Xoán Xosé Dieste, e contou coa participación tamén do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez. O pavillón de Barraña en Boiro acolleu este mediodía o tradicional xantar de confraternidade organizado pola concellería de Servizos Sociais que dirixe Mari Carmen Deus. Na comida tomaron parte ó redor dunhas 800 persoas, unha cifra semellante á de anos anteriores. Entre as autoridades presentes atopábase o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez. Tamén asistiron ó xantar a práctica totalidade dos alcaldes da comarca, así como tamén membros da corporación municipal, tanto do equipo de goberno como da oposición. Como en edicións anteriores o xantar estivo servido polo restaurante Chicolino, prolongándose ata ben entrada a noite.