Detidos cinco menores por roubos en centros educativos

    MUROS> Axentes da Garda Civil de Muros procederon esta pasada fin de semana á detención de cinco mozos, todos eles menores de idade, como presuntos autores de varios roubos cometidos no instituto Fontexeria e no colexio Ramón de Artaza. Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado os rapaces foron sorprendidos polos axentes nas inmediacións destes dous centros educativos, ataviados con pasamontañas e luvas. Todos eles, residentes en Muros, Esteiro e Outes, confesáronse ser autores dos feitos, entregando todo o material substraído. Entre os obxectos recuperados figuran ordenadores portátiles, auriculares e proxectores.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí