BARBANZA> Na Pobra do Caramiñal os candidatos das catro formacións que concorren ás eleccións municipais por esta localidade: NÓS POBRA, PSOE, BNG e PP realizaron a pegada oficial de carteis na zona da Alameda, na Praza do Emigrante e na Praza Maior. Os máis madrugadores foron os membros da candidatura do PP. Xunto a varios membros do seu equipo, así como de diversos simpatizantes, o candidato do PP á alcaldía pobrense, Manolo Durán, que estivo acompañado tamén do actual alcalde, Isaac Maceiras, realizaban a tradicional pegada. Non moi lonxe de alí, o candidato á alcaldía polo BNG, Ramiro Ouviña, amosouse convencido de que a cidadanía depositará a súa confianza nos nacionalistas o día 24, en vista do traballo realizado na oposición durante estes anos. Convencidos tamén da necesidade dun cambio, os membros do Partido Socialista. A súa candidata, Teresa García Guillán, agarda a que súa formación obteña un resultados moi favorables nos vindeiros comicios. Un feito que tamén dan por suposto noutra forza política de nova creación que por primeira vez concorre a uns comicios municipais: Nós Pobra. O seu candidato, Xosé Lois Piñeiro, mostrouse tamén esperanzado en acadar uns bos resultados, cunha formación que se presenta para darlle un aire novo a actual política municipal. Outro dos municipios do Barbanza onde se presenta unha campaña moi disputada é Boiro. Neste concello a totalidade dos partidos elixiron a praza do concello para realizar o acto inicial da pegada de carteis. No mesmo enclave e minutos despois das doce da noite realizaban as primeiras valoracións sobre o que agardan desta campaña que xa dou comezo oficialmente. O actual alcalde e candidato de novo polo Partido Popular á alcaldía boirense, Xoán Xosé Dieste, amosouse tamén esperanzado en conseguir o apoio da maioría dos boirenses para poder continuar a desenvolver o seu programa de goberno. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/aperturacampanabarbanza0805151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/aperturacampanabarbanza080515.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia