Alfonso Rueda recalou en Porto do Son co autobus de ‘Galicia non para!’

PORTO DO SON> O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, continúa coa súa xira de promoción por toda Galicia co autobús de ‘Galicia non para!’, coa vista posta nas eleccións autonómicas de 2024. Esta fin de semana fixo parada en Porto do Son.

O PPdeG continúa coa campaña da ‘Galicia non para!’ co que prepara as vindeiras eleccións autonómicas de 2024. Unha das súas últimas paradas foi en Porto do Son. Alí o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde, Luís Oujo, puido desfrutar dunha xornada de sol cos seus veciños, e recoller de primeira man as súas principais demandas.

Porque este é o principal obxectivo da campaña. Manter un contacto directo e a pé de rúa e sen intermediarios coa veciñanza. Pero non será a única fórmula. O PP tamén dá opción de visitar a páxina web rueda.gal, para os que non poidan achegarse a tomar esa caña con Rueda, lle fagan chegar a través desa vía as súas suxestións e demandas.

Durante as próximas semanas o autobús do PP continuará a súa ruta por toda Galicia, visitando diversos concellos das catro provincias galegas. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí