Docentes de Porto do Son solicitan o pago dos salarios atrasados

    PORTODOSON> Os alumnos e os profesores das clases de ESO para adultos en Porto do Son volveron a sacar á rúa as súas protestas. O motivo da mobilización foi reclamar ó Concello ós pagos que lle deben as docentes dende o mes de xaneiro.

    Esta fin de semana tanto docentes como alumnos de Porto do Son mobilizáronse polas rúas dende o Concello ata o muelle reclamando os pagos que o Concello lles debe dende o mes de xaneiro. O lema da manifestación foi “Por nós, polos nosos, polos que veñen, a ESO non se toca” e o que se podía leer nas pancartas que os manifestantes levaban polas rúas era “Oujo paga o que debes” e “As débedas hainas que pagar”. Según comentaban as docentes que imparten as clases de ESO ós adultos, o alcalde leva desde o mes de xaneiro sen pagarlle polo traballo realizado, polo que consideran este trato como discriminatorio e dictatorial. Dende a oposición, tamén quixeron mostrar o seu apoio ás afectadas, instando ó concello que faga efectivo o pago das débedas. Ademáis da mobilización que tivo lugar polas rúas do Concello, tamén levaron a cabo unha recollida de sinaturas que xa está presentada no Concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/concentracionalumnosesoadultosportodoson2710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/concentracionalumnosesoadultosportodoson271014.mp4{/flowplayer}