O prezo do peixe e marisco cae en picado tralo Nadal

BARBANZA> O mes de xaneiro soe rexistrar unha baixada dos prezos de peixe e marisco. Tralas altas cotizacións do Nadal, os valores comezan a moderarse animando ós consumidores á compra  de produtos que ata o de agora estaban polas nubes.

Estes días pódese atopar nas prazas de abastos da comarca centola, camarón ou percebe a metade de prezo que hai tan só un par de semanas. A caída do valor tralas festas do Nadal fai que algunhas especies, prohibitivas durante as datas festivas, estean ó alcance de tódolos petos.

Coa moderación dos prezos, as vendas comezan a remontar entre os consumidores, cansos dos excesos das pasadas festas.