A Misela podería trasladarse ó seu novo local en 2015

    NOIA> A entidade confía en acadar o investimento necesario para o equipamento da súa nova sede, cuxa compra foi posible grazas a unha achega da Deputación da Coruña que sufragou máis do 75% do custe total do baixo. Fundada no ano 1993, a asociación A Misela de Noia desenvolve un importante labor na atención das persoas con discapacidade, tanto nenos coma adultos nas comarcas de Noia e Muros. Na actualidade atenden a un total de 45 usuarios, sendo o seu obxectivo principal promover o desenvolvemento persoal e social das persoas que acoden diariamente ó Stand. Entre as actividades que realizan, sempre en función da idade do usuario, hai obradoiros de todo tipo, laborais, educativos, emocionais, fisioterapia ou terapia ocupacional, pero non son os únicos, xa que organizan tamén outro tipo de actividades como poden ser deportivas ou de lecer. Para o desenvolvemento do seu traballo contan coa colaboración de distintas Administracións, como é o caso do concello, ou a Deputación da Coruña, que sufraga gran parte dos programas que desenvolven. O organismo provincial foi ademais unha axuda fundamental na adquisición do novo local da asociación, xa que as actuais dependencias quedábanse pequenas, aportando unha subvención de 190 mil euros para a compra dun baixo na rúa República Arxentina, na zona de San Breixo, ó que agradan trasladarse en breve. A entidade atravesa ademais por serias dificultades económicas e mesmo actualmente veuse obridada a realizar un Expediente de Regulación de Emprego que afecta ós servizos que se prestan a diario. Aínda así, confían en que a situación mellore, e poidan facer tamén o traslado ó novo local do servizo de adultos, co centro de día e centro ocupacional.