O Internacional de Taekwondo suma nivel e participación na XVII edición

PONTEVEDRA> Algúns dos mellores taekwondistas de España e Portugal estarán esta fin de semana en Pontevedra para participar na décimo sétima edición do Torneo Internacional nesta disciplina. Máis de mil deportistas participarán durante dous días nas probas de competición, coas modalidades de combate o sábado e o domingo técnica, freestyle e exhibicións. O campionato celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Ante os elevados gastos de organización, a entrada para o público asistente terá un custe de tres euros. O sábado comezará ás nove da mañá cos combates infantís, absolutos e máster para a partir das catro da tarde dar paso ós das seccións junior e cadete. No domingo pola mañá terán lugar as modalidaes de técnica e freestyle, con 205 taekwondistas, e pola tarde será a quenda das exhibicións, nas que participarán case douscentos deportistas.