Unha marea solidaria de apoio a Lantero inunda Vilagarcía

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/lantero4.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/enquisa_apoio_social_lantero.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> Nas rúas o apoio á plantilla de Lantero é total. Os vilagarciáns entenden que non se poden seguir perdendo máis postos de traballo e poder adquisitivo entre os traballadores deste Concello é da comarca. Desde hoxe, os comercios, taxis, locais de hostaleira, a Praza de Abastos e moitos outros establecementos profesionais locen unha cartel de apoio á plantilla de Lantero e, en xeral, ó mantemento dos postos de emprego e poder adquisitivo dos traballadores en Vilagarcía e na comarca. E é que xa son moitas as empresas que pecharon e a capital Arousá reséntese deste desbaratamento do tecido empresarial. Na rúa, a xente de a pé está totalmente solidarizada ca causa. E é que todo o mundo está a sentir o problema de Lantero como propio, posto que xa son moitas as batallas deste estilo que se libraron na Arousa. Xa pecharon varias fábricas e outras moitas recurtaron ó máximo as prestacións dos traballadores e os postos de emprego. A cidadanía clama porque que se atalle esta sangría no emprego.