Os xeiteiros levan as súas protestas ó Parlamento

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/concentracionxeiteiros1510141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/concentracionxeiteiros151014.mp4{/flowplayer} SANTIAGO> A protesta forma parte dese calendario de mobilizacións que o sector puxo en marcha hai varias semanas en contra da decisión da Unión Europea de prohibir esta arte de pesca tradicional a partir do próximo 1 de xaneiro. O mal tempo non impediu que ó redor de medio cento de xeiteiros chegados dende diferentes puntos da ría de Arousa se desprazaran a Santiago para concentrarse no Parlamento en sinal de protesta pola decisión da Unión Europea de prohibir esta arte de pesca tradicional a partir do próximo 1 de xaneiro. Esta é unha máis das accións incluídas dentro do calendario de mobilizacións iniciado hai varias semanas e que pretenden continuar senón se atenden as súas reivindicacións, que pasan fundamentalmente por conseguir que se retire ó xeito desa prohibición das artes de deriva. Os xeiteiros aproveitaron tamén esta xornada de mobilizacións para trasladarlle un escrito ós grupos parlamentarios con representación na Cámara Autonómica, neste caso PPdeG, PSdeG, AGE e BNG, coas súas reivindicacións e demandas para que as teñan en conta, pedindo o seu apoio. Precisamente a movilización tia lugar un día despois de que a totalidade dos grupos no Parlamento aprobasen por unanimidade unha iniciativa presentada polo Bloque Nacionalista Galego en defensa desta flota. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, mantivo tamén hoxe unha reunión coa eurodeputada Renata Briano, ponente do Informe sobre a prohibición de redes de deriva, á que lle fixo entrega tamén dun dossier informativo sobre as características da arte de pesca do xeito e o impacto para a economía e postos de traballo que provoca a falta desta actividade no sector. Ademais a voceira nacionalista en Bruselas tiña previsto tamén manter esta mesma tarde no Parlamento europeo outra reunión co Presidente da Comisión europea de Pesca, o bretón Alen Cadec co fin de seguir avanzando na busca de solucións a problema dos xeiteiros.