Ribeira mellora a dotación tecnolóxica dos seus espazos culturais

    RIBEIRA> O Concello de Ribeira procedeu á mellora dos equipamentos técnicos de música, son e iluminación do Auditorio Municipal, concretamente do seu Local de Ensaio e da Sala de Exposicións ubicada na parte alta do inmoble. A actuación, cun custe de 5.400 euros, estivo financiada cunha subvención de preto de dous mil euros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, cofinanciada con fondos FEDER Esta contía procede dunha liña de axudas convocadas segundo unha orde de 16 de maio de 2014 e destinada a equipamento e mellora de instalacións e locais. Concretamente, os elementos adquiridos son, no que se refire ao local de ensaios, 4 pés micrófono altos, 2 pés micrófono curtos, 6 micrófonos dinámicos, 2 DI pasiva Stereo, 1 asento para batería, 1 pedal de bombo, 1 plato e 1 caixa, ademais de cable de micro. E polo que respecta á sala alta, os elementos –todos eles de carácter portátil, co cal poden ser utilizados noutros emprazamentos se así fose necesario- son: 2 altavoces de 600 watios, un subgrave amplificado con filtro, un monitor autoamplificado de 500 watios, un reprodutor CD/MP3, un rack soporte CD/Mixer, un Mixer Stéreo, un Mic Inalámbrico, dous pés soporte de altavoz, dous pés soporte de luces, unha máquina de fume, dúas Mush led, dúas Rai led, catro garras soporte e calbeado de audio e corrente.