O Porto de Vilagarcía estrea web e vídeo corporativo

    VILAGARCIA> A Autoridade Portuaria de Vilagarcía adapta á súa comunicación ós novos tempos ca renovación da súa web e ca…

    {flowplayer}images/salnes/web_porto.flv{/flowplayer}

    … elaboración dun vídeo corporativo. Na súa remodelada páxina na internet www.portovilagarcia.es a información sobre o porto vilagarcián está distribuída en seis apartados, onde se recolle toda a documentación e información de interese deste Porto de Interese Xeral do Estado; que vai desde a súa historia ata os detalles dos tráficos que recibe, así como outros servicios e axudas para a navegación.

    Neste mesma web os internautas poden encontrar destacadas novidades, como é a sección “Puerto-Ciudad”, na que concentran a información de interese para a poboación da contorna, como a atención ós cruceiros ou á náutica recreativa. No apartado “Publicaciones” poden encontrarse as últimas novas e boletíns informativos, así como outro tipo de información como memorias, táboas de mareas e mesmo un arquivo fotográfico con instantáneas que poden ser descargadas polo público en xeral. Con esta nova estructura, elaborada por persoal interno do Porto, a navegación dos usuarios será máis intuitiva e clara.

    Neste mesma páxina web pode verse o novo vídeo corporativo do Porto de Vilagarcía. Unha creación de sete minutos e medio de duración que fala da rada vilagarciá en tódalas súas vertentes: desde a súa ubicación xeográfica, as súas características técnicas e as súas posibilidades, tanto para os potenciais clientes, como para o tecido socioeconómico da ría de Arousa, e por extensión de toda Galicia. Contempla amais un apartado dedicado á promoción das excelencias turísticas da Arousa e da franxa atlántica galega para achegar as posibilidades turísticas das Rías Baixas a tódolos públicos.

    Este completo vídeo, creado por CANALRIASBAIXAS, está dispoñible en tres idiomas: o galego para o público local, o castelán para toda a comunidade hispanoparlante e ó inglés, para achegar o Porto Vilagarcián a calquera feira, exposición ou cliente alén das nosas fronteiras.

    Redacción Salnés