VILAGARCIA> A corporación municipal de Vilagarcía ven de aprobar por unanimidade en pleno paralizar o convenio urbanístico ca empresa Lantero se está non mantén tódolos postos de emprego. Foi o acordo o que se chegou onte nunha sesión das máis axitadas dos últimos tempos.
O conflicto sociolaboral da cartoneira Lantero foi o protagonista da sesión plenaria de onte, por riba doutros puntos tamén incluídos na orde do día como foron a aprobación de varias taxas e impostos. Os traballadores eran os encargados de expoñer en primeira persoa as súas peticións: non queren que se volvan a reunir ca dirección da empresa baixo ningún punto. Os grupos da oposición Esquerda Unida e PSdeG presentaron cadansúa moción para facer que o goberno vilagarcián faga uso da ferramenta que supón o convenio urbanístico con Lantero para evitar os 32 despedimentos e a rebaixa do soldo dun 30 %. Unha proposta que foi asumida por tódolos edís da corporación municipal, co Alcalde á cabeza. Un dos momentos máis tensos foi cando o Alcalde se achegou ós traballadores de Lantero presentes no salón de plenos, a raíz da esixencia dunha espontánea. Antes de continuar co pleno, fíxose un receso, tempo este que serviu para desaloxar de público o salón de plenos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/pleno1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/lantero_pleno.mp4{/flowplayer}