O Concello da Pobra leva a cabo o acondicionamento dos cemiterios

    POBRA> O Concello da Pobra do Caramiñal, con vistas á festividade de Tódolos Santos e Defuntos, está levando a cabo o acondicionamento dos cemiterios do Concello e dos seus contornos. As actuacións afectarán todos os cemiterios que forman parte da comarca, para que o día 1 d Novembro estén en perfectas condicións para as celebracións que se van levar a cabo.

    O edil de Servizos pobrense, Andres Millán, compareceu en rolda de prensa para anunciar as actuacións que se van levar a cabo nos cemiterios da Pobra do Caramiñal. Estas actuacións inclúen a limpeza da maleza dos accesos ós cemiterios, o seu axardinamento e a adecuación das paredes exteriores dos camposantos nos casos que sexa necesario. Ademáis de todo isto, tamén se dotaran os recintos dos contedores de lixo necesarios e o día un de novembro terá lugar unha recollida especial do lixo. O edil Andrés Millán tamén quixo facer referencia ás declaracións que Teresa Guillán, representante do PSOE pobrense, fixo hai unhas semanas sobre o derrume do muro perimetral do cemiterio do Caramiñal, pedíndolle ó Concello o seu arranxO de inmediato antes de que poida ocorrer outro derrubamento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/melloracemiteriospobra2810141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/melloracemiteriospobra281014.mp4{/flowplayer}