Sanxenxo aproba os orzamentos do 2008 que ascenden a 65 millóns de euros

    dv802_-_pleno_100.jpgSANXENXO > O Concello de Sanxenxo presentou onte en pleno os orzamentos para este ano 2008 que desta volta…

    … ascenden a 65 millóns de euros; dos cales máis de 21 millóns se destinarán a inversións. Con estes cartos, o Concello de Sanxenxo asumirá numerosos proxectos como a humanización do casco urbán de Portonovo, os Campos municipais de Noalla e de Vilalonga, a cidade deportiva de Sanxenxo, a construcción das Garderías infantís no Rebel en Vilalonga e en Baltar-Portonovo; así como o reinicio do centro socio cultural do Rebel, entre outras.

    Nestes orzamentos, a oposición botou en falla investimentos doutras administracións, non sendo da Deputación Provincial; ó tempo que avogou pola necesidade de levar a cabo moitos outros proxectos. Dulcinea Aguín botou en falla tamén a inversión en políticas de emprego e de desestacionalización do turismo; razóns polas que votaron en contra do documento.

    Outro grupo que tamén deu voto negativo a este orzamento foi o BNG, que denunciaron que se seguía a basear na política do ladrillo, xa fracasada.

    O grupo VIPS abstívose na votación por considerar, entre outras cousas, que o equipo de goberno seguía sen intentar buscar consenso cos demais membros da corporación.

    O goberno local de Sanxenxo, adiantou tamén antes desta sesión, a súa intención de crear 72 novas vivendas sociais no entorno da Vichona, grazas a un proceso de adquisición dunha parcela, arestora propiedade dunha empresa promotora.

    Redacción Salnés