As mellores cañas de España tíranse na cafetería O Encontro de Ribadumia e na sala de música Krazzy kray de Cambados

CAMBADOS> O mellor tirador de cañas de España é de Cambados. O cambadés Gustavo Rey acada o título nacional no certame celebrado por Estrella Galicia no Salón Gourmets de Madrid. As súas cañas poden degustarse na cafetería O Encontro de Ribadumia e na sala de música Krazzy kray de Cambados.

Os amantes da cervexa sinalan como unha das claves do éxito desta bebida á maneira na que o profesional hostaleiro tire a caña. Cada vez son máis os amantes da cervexa que escollen os locais pola destreza coa que os camareiros enchen os seus vasos. E dentro de esta especialidade, o mellor de España é de Cambados. O cambadés Gustavo Rey alzouse co título nacional no certame celebrado por Estrella Galicia no Salón Gourments de Madrid.

A competición é moito máis que tirar unha caña. Para gañar ser o mellor de España, Gustavo tivo que pasar unha rolda previa no que ademais de servir tres cervexas tamén tivo que responder a preguntas teóricas. A continuación enfrontouse a outros cinco beermasters para facerse co título.

A clave do éxito do título de Gustavo son os preto de 15 anos que leva dedicándose á hostalería. O campión tamén quixo compartir as súas claves para tirar unha boa caña.

O premio do título foron mil euros e o peso de Gustavo en cervexa, pero o que máis valora o campión é o cariño recibido por parte da súa clientela.

As cervexas mellor tiradas de España poden desgustarse en calquera dos dous locais de Gustavo: tanto na cafetería O Encontro de Ribadumia como na sala de música Krazzy Kray de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí