![]()
VILAGARCÍA > O partido popular de Vilagarcía insta ó executivo local que elabore un plan de tráfico acorde ás necesidades…
… da oitava cidade máis importante de Galicia. O voceiro popular, Tomás Fole afirma que o goberno leva eludindo o problema de tráfico con solucións parcheadas e improvisadas que lonxe de resolve-la problemática, aumenta a crispación dos colectivos condutores que máis a padecen
O problema do Tráfico en Vilagarcía é unha vella conta pendente de tódolos gobernos que presidiron a cidade. Nesta quenda o partido popular recrimina a ineficacia do plan de tráfico actual que data do 2006 que recolle 10 medidas das cales segundo os populares só se cumpren 3 de maneira parcial.
O PP critica a configuración do plan que non ten base de estudo técnico Para os populares a maneira que ten o executivo local de resolver os problemas crea na cidadanía unha sensación de improvisación e descoordinación no xeito de gobernar. O PP solicita que se convoquen ós colectivos afectados e a todos os grupos políticos para adoptar medidas
Redacción Salnés








