A exposición do Santa Isabel xa loce no Auditorio de Ribeira

    RIBEIRA> A exposición dedicada ó Santa Isabel xa luce no Auditorio de Ribeira. Veciños e autoridades inauguraban onte esta mostra que leva por título “O Santa Isabel: emigración, traxedia e heroísmo; onde poden verse dende maquetas ata a recreación en escala real dun camarote dun barco.

    Tanto veciños como autoridades quixeron formar parte da inauguración dedicada ó Santa Isabel que coincide cos 100 anos da súa construción. A edil de cultura, Elvira Pisos, quixo contar unha pequena parte da historia de esta embarcación ós asistentes, que non deixaron libre unha butaca do Auditorio Municipal, destacando a presenza do capitán marítimo de Vilagarcía, o director do Parque Nacional das illas Atlánticas e familiares dalgúns dos que viviron a traxedia. O naufraxio do Santa Isabel aínda hoxe esperta un especial sentimento entre os veciños do municipio, ó tratarse do maior naufraxio ocorrido nas súas costas, no que morreron máis de duascentas persoas, e sobre todo pola actitude heroica dos veciños, concretamente das Heroínas de Sálvora. A comisaria da mostra e a responsable do Museo Municipal, Pilar Casas, conmocionou ó público co seu discurso, no que quixo agradecer un a un o esforzo que fixeron para que esta exposición se puidese levar a cabo. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, tamén quixo agradecer a axuda de todas as persoas neste proxecto e asegurou que esta exposición é o acto cultural máis ambicioso que se desenvolveu no Concello de Ribeira, polo que a pretensión do Concello é que a mostra quede con carácter permanente na illa de Sálvora. A exposición está dividida en tres seccións na que se poden observar cartas e planos orixinais dos barcos, ferramentas que se utilizaron para a súa construción, xogo de cubertos, maquetas e unha recreación en escala real do camarote dun barco. Destacar a mención especial de Luis Cebreiro, o segundo oficial do Santa Isabel que decidiu non subir ó bote salvavidas para non desestabilizalo e foi capaz de chegar nadando ata terra. Salientar tamén o óleo de José Seijo, que permanecía no Centro Galego de Avellaneda en Arxentina e actualmente esta obra de arte de primeiro nivel, encóntrase no concello de Ribeira. Recordar a todos os que queiran disfrutar de esta exposición, que estará aberta de luns a sábado ata o 30 de maio de 2015. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/exposicionsantaisabelribeira2910141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/exposicionsantaisabelribeira291014.mp4{/flowplayer}