Aguiño adianta a apertura da zona norte para frear ós furtivos

    aperturanortepercebeaguino.jpgRIBEIRA> A crecente presenza dos furtivos nas concesións da confraría de Aguiño precipitou a apertura da zona norte.

    {flowplayer}barbanza/aperturanortepercebeaguino.flv{/flowplayer}

    A zona de costa, entre a punta de Corrubedo e Río Sieira, é especialmente sensible á acción dos furtivos xa que se pode acceder por terra. Tras detectar a presenza de numerosos mariscadores ilegais nas inmediacións de Espiñeirido, a directiva da confraría optou por comezar a traballar nestas concesións para evitar que leven o percebe de máis calidade.

    Dado que a cotización non é demasiado boa non volverán saír ata o próximo luns e o farán soamente unha media de dous días á semana para evitar que os prezos baixen aínda máis.

    Outras especies

    Mentres tanto, a maioría dos traballadores dedícanse a outras especies como a ameixa e, en especial, o ourizo.

    Polo momento traballan esta especie nas concesións da zona norte á espera de que se elabore un estudo sobre o estado do ourizo no contorno das Illas, onde sería máis doado faenar os días de temporal.

    Redacción Barbanza