A Creba recada fondos a través da venda de obxectos doados

    NOIA> A asociación Pro Saúde Mental A Creba organizou un mercado solidario para recadar fondos. A iniciativa, que se desenvolveu durante esta primeira quincena de mes, contou con gran apoio cidadá. A afluencia de turistas durante este mes de agosto e o peche da tenda que ata o de agora a asociación A Creba tiña en Noia animou á entidade a sacar os seus produtos á rúa. Nesta feira solidaria, que mañá conclúe, a asociación puxo á venda numerosos obxectos doados por colaboradores. Tamén se podían adquirir algunhas das creacións elaboradas polos usuarios nos obradoiros de artesanía. O expositor, montado dende principios de mes ás portas da casa consistorial, recibiu a vista de numerosos compradores. En vista da boa acollida, a asociación seguirá a participar en feiras estivais e promover este tipo de iniciativas que, ademais de contribuír a recadar fondos, fan visible o traballo que realiza a entidade durante todo o ano.