A Deputación creará dous viveiros de empresas, un na Arousa

     PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra e a Fundación do Instituto Cameral para a Creación e Desenrola da Empresa asinaron hoxe..

    {flowplayer}images/salnes/viveiro_empresas_dipu.flv{/flowplayer}

    … dous convenios de colaboración que farán posible a creación de cadanseu viveiro de empresas na comarca da Arousa e na do Deza.

    En cada unha das naves que se prevé que se rematen o vindeiro ano albergaranse unhas 30 empresas ou autónomos ás que se lles formará e asesorará para que cheguen a ser competitivas no mercado laboral e sexan quen de valerse por si mesmas e crear emprego. Este ambicioso proxecto supón un investimento de millón e medio de euros, dos que a Deputación achega o 20 % e o porcentaxe restante proveñen de Fondos Europeos para o fomento do emprego.

    Amais dos propios viveiros, este proxecto contempla unha dotación orzamentaria de medio millón de euros a maiores destinados a cursos formativos, relativos fundamentalmente ós sectores puxantes na zona. Pero non só haberá espazo para os emprendedores, que aquí recibirán formación e mesmo poderán instalarse de balde os dous primeiros anos; senón que tamén haberá consultores para aqueles pequenos empresarios que se atopen en dificultades.

    O éxito destes viveiros está asegurado na Arousa, visto que os propostos pola Cámara de Comercio de Vilagarcía hai overbooking e que as demandas de formación se dispararon nos últimos meses a medida que aumenta de xeito exponencial o desemprego.

    Redacción Salnés