Desenvólvese un curso de inglés nas instalacións do naútico

    RIANXO> Un grupo de rianxeiras, co apoio do Concello, está levando a cabo un curso de inglés para maiores de dezaoito anos. A actividade, que ten lugar nas instalacións do naútico da localidade, está destinado para xente de toda a comarca, no que se busca un ambiente natural para aprender.

    O club de inglés de Rianxo leva xa camiñados tres anos, pero foi no seu segundo ano cando lle pediron apoio ó Concello para seguir adiante. As persoas que o organizan son tres, pero a súa coordinadora é Teresa Teijeiro. O curso está destinado para xente de toda a comarca que queira asistir e o que buscan é un ambiente natural no que desenvolver as clases a través de xogos, cancións… As sesións teñen lugar un mércores cada quince días, e están repartidas en tres grupos: iniciación cero, iniciación un e conversación. O horario é de sete a nove dependendo da sesión que se trate e a súa duración é dunha hora. Para apuntarse, tan só é necesario acercarse o mércores ó naútico ou directamente enviando un correo a clubinglesrianxo@gmail.com. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/cursoinglesrianxo2910141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/cursoinglesrianxo291014.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí