VILAGARCIA> A CIG e Comisións Obreiras van a recorrer a adxudicación dun lote de cincuenta prazas concertadas para xeriátricos da Provincia, entre os que se atopa a Residencia Valle Inclán de Vilanova. Aseguran que a empresa gañadora Euroconsultores non ten centro de traballo nin empregados, pero si ten na súa directiva a ex-altos cargos da Xunta de Galicia.
Os sindicatos CIG e Comisión Obreiras recorrerán a adxudicación das prazas concertadas para xeriátricos da Provincia, no relativo ó lote sete. Neste paquete de cincuenta prazas incluíanse as da Residencia Valle Inclán de Vilanova que foron adxudicadas a Euroconsultores por ter, de lonxe, segundo a mesa de contratación, máis puntos que calquera das cinco optantes. Un extremo que os sindicatos non eran quen de crer debido a que nin teñen legalmente centro propio de traballo nin empregados; nin cumple cos avais técnicos e económicos requeridos. Para as forzas sindicais esta decisión que será trasladada á Secretaría xeral técnica de inmediato responde á conivencia entre a Consellería de Traballo e Benestar e esta nova empresa, que conta no seu equipo directivo con altos cargos dun anterior goberno autonómico do PP. Arestora, os sindicatos traballan para que o xulgado amplíe a denuncia anterior de Nurtime e Viaxes Silgar tamén a Euroconsultores. Deste xeito, os extraballadores da Residencia Valle Inclán poderían chegar a cobrar os dous millóns e medio de euros que lles adebedan. No caso de que se materialice a adxudicación, que se dá por certa, para a CIG os grandes prexudicados serían tamén os usuarios e familiares destes centros da terceira idade; posto que a Xunta pagaría por unhas prazas uns recursos que xa estarían destinados ó embargo; cos presumibles problemas de xestión consecuentes.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/cig1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/adxudicacion_prazas_valleinclan.mp4{/flowplayer}