RIBEIRA> Competidores de toda Galicia participarán na Velada de Boxeo Cidade de Ribeira que se celebrará o 28 de marzo. Debutará o boxeador local Pablo Miniño mentres que a veterana Clara Millares disputará o seu último combate.
Oito combates integran o programa da 12 Velada de Boxeo Cidade de Ribeira que se celebrará o xoves 28 de marzo no pavillón Torres Colomer de Palmeira.
Tódolos combates serán masculinos, agás un, no que a veterana ribeirense Clara Millares se despedirá da competición.
Nesta décimo segunda edición, os organizadores renderán tamén unha homenaxe á familia Planas, impulsora do boxeo en Galicia.
O prezo da entradas é de dez euros tanto anticipadas como en taquilla. Xa se poden adquirir na sede da escola de boxeo ‘El Canario’ situada na rúa Carlos Casares de Ribeira.











