O auditorio ribeirense acolle unhas xornadas de motivación emprendedora

    RIBEIRA> Unhas cincuenta persoas tomaron parte esta mañá no auditorio de Ribeira nunhas Xornadas de Motivación Emprendedora coorganizadas polo Concello e a Deputación da Coruña, coa colaboración do Igape e a Xunta de Galicia. Ademais de varias charlas que versaron sobre motivación e creatividade para emprender, a xornada contou tamén coa participación de tres emprendedores locais que explicaron a súa propia experiencia á hora de crear as súas empresas. Neste caso os poñentes foron María Martínez, responsable da clínica de fisioterapia Centro María Martínez; María Martínez Cortizo, pertencente ó gabinete psicopedagóxico Espazo Aberto; e Rubén Brión, do restaurante Benboa de Corrubedo. As xornadas está previsto que chueguen ó seu remate mañá xoves.