Posta a punto dos cemiterios de Ribeira para o Día de Defuntos

    RIBEIRA> O concello traballa na posta a punto dos cemiterios de Santa Uxía e Palmeira de cara á celebración este sábado do Día de Defuntos. No camposanto enclavado na cidade estase a traballar nestes momentos na pavimentación de dous sectores do recinto. Tamén se está a mellorar a recollida de pluviais. Por outra parte, este cemiterio foi obxecto dunha profunda limpeza tanto no seu interior como no exterior e máis está sendo pintado nalgúns tramos. En Palmeira estivéronse a canalizar as augas pluviais na zona de máis recente construción e procedeuse tamén ó arranxo das gretas en paredes exteriores dos nichos.O recinto tamén foi obxecto de labores de limpeza.

    Comments are closed.