A mellora dos bombeos de Esteiro e Subuqueiro pasa a información pública

    BOIRO> A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se somete a información pública as obras de mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro no concello de Boiro. Esta actuación, que conta cun orzamento de máis dun millón de euros e beneficiará a preto duns vinte mil habitantes, forma parte do Plan de Saneamento Local da ría de Arousa. Ademais o proxecto prevé tamén a implantación dun sistema de telexestión para o control dos tres bombeos principais da rede municipal e para a obtención de datos en tempo real dos caudais circulantes na rede e na entrada e saída da propia estación depuradora de Cabo de Cruz.