BARBANZA> O Bloque Nacionalista Galego propón cinco medidas para evitar males maiores no sector do mar afectado pola crise do coronavirus. A voceira nacional desta formación, Ana Pontón insta á Xunta de Galicia a decretar o peche do marisqueo e que se habiliten compensacións económicas para este sector. Tamén esixe que se garanta a seguridade nos barcos para evitar posibles contaxios, se rebaixe o umbral para que moitos dos mariñeiros poidan optar ás axudas e ademais se apoie ás confrarías de pescadores. A nacionalista tamén reclama que se modifique o uso dos fondos de pesca da Unión Europea.
Inicio BARBANZA