Contratan a unha nova empresa para a limpeza das praias máis concorridas

    limpezapraiasboiro_100_05082009.jpgBOIRO> O resto das calas seguirán a cargo da empresa que viña realizando estas tarefas ata o de agora, e que non dispón da maquinaria axeitada para os areias máis grandes.

    {flowplayer}barbanza/limpezapraiasboiro.flv{/flowplayer}

    Despois de que varios usuarios dos areais e, algúns grupos da oposición, como o Partido Popular, denunciaran a falta de limpeza nas praias de Boiro, o executivo decidiu reorientar este servizo coa contratación dunha nova empresa. Esta, que xa a prinicipios do verán encargouse da limpeza dalgúns areais, farase cargos das praias máis grandes e visitadas. Mentres, a empresa que se ocupaba da limpeza ata o de agora limitarase a traballar nas calas pequenas posto que non dispón da maquinaria axeitada para retirar os residuos dos areais maiores.

    Argazo nas praias

    Aínda que recoñecen que o servizo de limpeza puido fallar en ocasións, dende o executivo aclararon que a situación neste verán foi máis complicada debido á chegada masiva de sargazo. Ademais insisten en que as subvencións para contratar ós equipos de limpeza confírmanse practicamente en pleno verán, o que dificulta a planificación dos traballos.

    Redacción Barbanza