O Umia pecha o verán con só 20 incendios forestais ou conatos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/brigadistas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/brigadas_incedio_umia.mp4{/flowplayer }

PORTAS> Este verán só houbo 20 incendios forestais ou conatos na comarca do Umia. Un feito que hai que agradecerlle ás condicións climatolóxicas, e tamén á acción da brigada municipal mancomunada que dispuxo a Xunta de Galicia nos Concellos de Portas, Caldas, Moraña e Cuntis. Este verán só arderon na comarca do Umia unhas 11 hectáreas en 20 incendios ou conatos; unhas cifras que, amais de á climatoloxía, se deben á acción das brigadas municipais de loita contra incendios que estiveron operativas este verán nos Concellos de Portas, Caldas, Moraña e Cuntis. Nestes catro concellos traballaron 40 persoas en brigadas de cadanseus oito operarios. Estes, nestes meses de estío, realizaron traballos de vixilancia, extinción de lumes e outras tarefas preventivas como as rozas manuais, rareo e eliminación de restos de cincuenta hectáreas. Esta acción foi posible grazas á subvención de case 217.500 euros por parte da Xunta de Galicia. No total da provincia actuaron unhas 115 brigadas e case 600 brigadistas procedentes, preferentemente, do lugar onde traballaron.