A ofrenda institucional pon fin as Xornadas Valle Inclán

    POBRA> As xornadas Valle Inclán pecharon a súa edición esta mañá co tradicional acto de homenaxe ó escritor na Praza do Cantón da Leña. Tanto autoridades como veciños quixeron formar parte deste acto en conmemoración ó artista, que xa leva realizándose na vila desde hai dezaseis anos.

    Tanto o alcalde de Vilanova e da Pobra do Caramiñal como o Secretario Xeral de Cultura quixeron dedicar unhas palabras ó artista homenaxado esta mañá, Ramón María del Valle Inclán durante un acto tradicional que se fai no Concello da Pobra do Caramiñal para por fin as Xornadas que levan o seu nome. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, tamén quixo agradecer á invitación á homenaxe e adiantou unha pequena parte da actividade que se ía levar a cabo pola tarde entre os dous concellos. O alcalde da Pobra do Caramiñal Isaac Maceiras, describiu a Valle-Inclán como un escritor universal, no que as dúas bandas do mar, tanto Pobra como Vilanova, o unen. Resaltar tamén a mención que tanto o alcalde Isaac Maceiras como o Secretario Xeral de Cultura fixeron a todos os artistas que durante esta época cederon parte das súas obras ó museo Valle – Inclán, destacando ó artista Siro López. A continuación das verbas, tivo lugar a ofrenda tradicional que as autoridades fan a estatua de Valle Inclán. Ademáis das autoridades destacadas anteriormente tamén estivo presente Belén Docampo, a delegada territorial da provincia da Coruña e autoridades civiles e militares. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/ofrendainstitucionalvalle-inclanpobra3110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/ofrendainstitucionalvalle-inclanpobra311014.mp4{/flowplayer}