Éxito de público e de organización da X Festa do Mexillón de Rianxo

RIANXO> Centos de veciños e visitantes achegáronse este domingo a Rianxo para asistir á festa de exaltación do mexillón que, este ano, chegaba á súa décima edición. A cita gastronómica foi organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, coa colaboración do Concello.

Éxito de público e de organización da festa da exaltación do mexillón de Rianxo celebrada esta pasada fin de semana. A cita, que acadaba este ano a súa décima edición, conseguiu congregar a centos de veciños e visitantes que se desprazaron ata o Campo de Arriba para poder degustar as máis exquisitas variedades do molusco galego. Mexillóns ó vapor, á vinagreta, en empanada, entre outras moitas receitas, fixeron as delicias de todos aqueles que acudiron a disfrutar desta tradicional festa gastronómica, que ten ademais un fin social, xa que toda a recadación vai destinada a financiar a tempada de tódalas categorías do Club de Remo Rianxo.

As tres mil racións de mexillón, cociñadas en oito receitas diferentes, quedáronse curtas, e de seguro que se máis houbera, máis se comían. Despois do éxito desta edición, a organización xa traballa de cara ó próximo ano, no que pretenden superar estas cifras. Aínda que visto o visto, fácil non o van a ter….