O inicio da campaña do bou de vara está a ser mellor do agardado

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/campanaboudevara0411141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/campanaboudevara041114.mp4{/flowplayer} RIANXO> Aínda que é cedo para facer balance, xa que se levan transcorridas apenas dúas xornadas, os mariñeiros auguran unha boa campaña. Tralos modestos resultados de anos anteriores, os mariñeiros de Rianxo afrontan a presente campaña do bou de vara con bastante optimismo. A pesar de que o mal tempo condicionou en parte o inicio da campaña, xa que no mar as condición metereolóxicas impedíronlle traballar ó seu gusto, os resultados non foron tan malos. A abundancia da zamburiña, xa agardada tralos mostraxes realizados durante as últimas semanas, contrasta coa menor presenza doutras especies como é o caso da nécora ou o chopo. Nestas primeiras xornadas os mariñeiros non se están a ter demasiadas dificultades para acadar os topes, establecidos en cincuenta quilos por tripulante. Os novos dirixentes do pósito rianxeiro introduciron ademais algún que outro cambio. Un deles prohibir a venda directa dende os barcos a particulares, para que todo o produto pase por lonxa. Ademais contratouse a unha comercial para xestionar a venda dos produtos. A pesar de que aínda é cedo para realizar un balance en profundidade dende a confraría rianxeira consideran que se os prezos se aguantan queda por diante unha boa campaña que en todo caso se prolongaría ata marzo.