Os emigrantes retornados volven a protestar na rúa

PONTEVEDRA> Os emigrantes retornados volven á rúa para reclamar os seus dereitos. Aseguran que eles non se negan a pagar polas súas pensións do estranxeiro pero si entenden que se está a ter un trato discriminatorio con eles en referencia a outros traballadores que cotizaron sempre en España.

O colectivo de emigrantes retornados das Rías Baixas volveu a concentrarse esta mañá diante das sedes da Axencia Tributaria en Pontevedra e Vilagarcía. Aquí protestan porque se lles obriga a pagar cantidades das que non dispoñen para logo devolverllas en virtude de impostos das pensións que reciben do estranxeiro. Un galimatías legal que non se dá resolto. Estes xubilados piden pois que se elimine dunha vez esta lei que tanto balbordo esta armando e que tantas voltas lles fai dar de administración en administración, e de aí ós despachos de avogados e de sindicatos. Denuncian que sentirse discriminados respecto a outros traballadores que cotizaron toda a vida en España; cando eles se senten parte dos alicerces deste novo país. A súa indignación ía tamén contra todos os corruptos que hai no país: namentres a eles se lles reclaman cantidades pouco relevantes desde a Facenda Pública hai outros ós que se lle dan amnistías fiscais e fai a vista gorda cando eluden o fisco.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/emigrantes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/emigrantes_retornados.mp4{/flowplayer }