Unha emenda dos socialistas vota atrás a moción do PP sobre os lombos das vías sanitarias

PONTEVEDRA. O Concello de Pontevedra non retirará os lombos das vías sanitarias. Así o decidiu esta mañá a corporación municipal no pleno ordinario. Sen embargo, o PP quedouse sen poder votar a súa propia moción ao ser esta emendada polo PSOE. Un feito que provocou discrepancias entre os diferentes partidos.

Os lombos das vías sanitarias foron os protagonistas no pleno ordinario da corporación municipal. A moción foi presentada polo PP, sen embargo, unha emenda dos socialistas votou atrás a súa proposta.

Coa supresión á referencia dos pasos elevados e coa incorporación do termo “mobilidade amable”, a emenda dos socialistas foi apoiada polo BNG, algo que molestou aos populares.

Os nacionalistas defenderon a presenza dos lombos nas vías sanitarias, insistindo en que son a mellor solución para o calmado do tráfico.

Estas palabras non convenceron ao portavoz do PP, quen asegurou que estes lombos poñen en risco a saúde dos pacientes. Ademais, Rafa Domínguez criticou o cambio de postura dos socialistas respecto a esta moción, que era unha copia da que eles mesmos presentaron no pasado mandato.

Finalmente, a moción do PP non se votou e a emenda dos socialistas foi aprobada co apoio do BNG.