O IES de Poio recorda a todas as vítimas de violencia machista

POIO> O Concello de Poio uniuse tamén hoxe a celebración do 25N. Os membros da corporación municipal participaron nun parón institucional e nun acto levado a cabo no IES de Poio. Alí, os estudantes interpretaron unha “performance” na que se recordou ás 12 mulleres galegas que perderon a vida por esta lacra nos últimos 4 anos.

Poio uniuse hoxe á celebración do 25N. Coas pancartas e as mans erguidas, os alumnos do IES de Poio protagonizaron o acto central desta xornada. Un acto no que todos mostraron a súa repulsa ante todo tipo de violencia contra as mulleres.

Vestidos de negro e formando un gran lazo violeta. Con esta performance, os alumnos do IES de Poio recordaron ás 12 mulleres galegas asasinadas nos últimos 4 anos.

Para rematar o acto os escolares defenderon, a través dun manifesto, a importancia de previr esta violencia nas aulas e de promover relacións de respecto e de igualdade entre a sociedade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí