
PONTEVEDRA> Pontevedra arrancará a vindeira semana as obras de mellora da Avenida de Compostela. Os traballos contan cun orzamento de 122 mil euros e consistirán na elevación de tres pasos peonís existentes, na construción de tres máis e a prolongación do carril bici do Paseo do Enxeñeiro Rafael Areses ata o enlace coa avenida.
Pontevedra contará con seis lombos máis. Os traballos da avenida de Compostela contemplan a elevación de tres pasos de peóns, dous deles na Avenida Bos Aires e outro ao outro lado da ponte, xa na de Compostela. Neste vial construiranse, ademais, tres novos.
A intervención parcial desta rúa tamén contempla a prolongación do carril bici do Paseo do Enxeñeiro Rafael Areses, que xa nace na Illa das Esculturas.
Deste xeito, o concello quere mellorar un dos puntos críticos da accesibilidade en Pontevedra.
Os traballos arrancarán a vindeira semana e contan cun orzamento de 122 mil euros. Será necesario efectuar cortes do tráfico puntuais, que serán advertidos pola Policía Local. A intención é que os traballos estean rematados antes do Nadal.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/bara_avenida_compostela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/bara_avenida_compostela.mp4{/flowplayer}











