Portos mellorará os pantaláns e o dique de abrigo en Testal

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/visita_presidente_portos_noia_1305161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/visita_presidente_portos_noia_130516.mp4{/flowplayer} NOIA> O presidente de Portos visitou o peirao de Testal onde o seu departamento acometerá diversas melloras. As obras consistirán na reparación dos pantaláns e do dique de abrigo. Tras meses agardando, os mariscadores noieses verán por fin cumpridas as súas demandas. Portos de Galicia adxudicará nos próximos días as obras de mellora nos pantaláns e no rompeolas por un valor próximo ós cincuenta mil euros. O patrón maior amosou a súa satisfacción de que por fin se poida acometer esta actuación tan necesaria. dende a confraría levan tempo alertando do mal estado dalgúns pantaláns e puntos de amarre, que supoñía mesmo un risco para os traballadores. Durante a visita, o alcalde e o patrón maior, aproveitaron tamén para transmitirlle ó presidente de Portos a necesidade de reparación da cuberta da lonxa. José Juan Durán informou que esta actuación xa está en tramitación dende a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.