![]()
VILANOVA> A oposición non apoiou no pleno de onte a adxudicación provisional do servizo de auga a Espina y Delfín.
{flowplayer}images/salnes/pleno_vilanova_auga.flv{/flowplayer}
VILANOVA> A oposición de Vilanova non apoiou no pleno de onte a adxudicación provisional do servizo de auga a Espina y Delfín. A empresa farase con esta concesión por trinta anos, previo pago dunha taxa de 2,3 millóns de euros, máis 179 mil para obras a negociar co Concello.
O BNG considera que este contrato hipotecará a auga e puxo en dúbida a capacidade do Concello para afrontar por exemplo a débeda que ten coa mancomunidade do Salnés por este servizo. Tanto BNG como PSOE cuestionaron a legalidade deste contrato.
Os socialistas chegaron a pedir que quedase o asunto sobre a mesa e botaron man dun informe da interventora na que se advirte que a concesionaria recadará 200 mil euros ó ano a maiores do que lle pertence.
O alcalde defendeu a labor da mesa de contratación, da que asegurou non formou parte ningún político. Gonzalo Durán lamentou os votos en contra da oposición e insistiu en que a de Espina y Delfín é unha boa oferta que permitirá mellorar as arcas municipais neste tempo de crise.
Redacción Salnés







