6 colexios e 20 pintores vilagarciáns participarán no Memoriz…Arte

    afasal_copia100.jpgVILAGARCÍA> Afasal, que agrupa ós familiares de enfermos de Alzheimer no Salnés, conmemora o Día Mundial do padecemento.

    {flowplayer}images/salnes/ACTOS_DIA_ALZHEIMER.flv{/flowplayer}

    Seis colexios e ata 20 artistas plásticos de Vilagarcía participarán nesta pintura solidaria, que se celebrará mañá na Praza de Galicia a partires das 10 da mañá. Todos eles colaborarán na realización dun cadro nunha tela de 20x 2 metros, sen pautas previas para a creación. Unha vez finalizado, o cadro dividirase en varias partes, para despois vendelas e conseguir recadar fondos para as labores da asociación.

    A concelleira de Servizos Sociais, Ana Lorenzo, tamén aproveitou para anunciar unha nova colaboración do concello con Afasal. O goberno local aprobará mañá un convenio que destinará 3 mil euros ós talleres da organización.

    Dúas conferencias programadas para xoves e venres, completarán a programación de Afasal. Ambas contarán con especialistas, que tratarán sobre a hixiene bucal en enfermos de Alzheimer e o manexo básico nas complicacións cotiás con estes pacientes. A asociación tamén porá á venda o día 25 as súas pulseiras solidarias, que servirán para recadar fondos.

    Redacción Salnés