Quintana recalca a aposta de Mar pola internacionalización da conserva

    CAMBADOS> Visita da Conselleira do Mar en funcións a Cambados. Rosa Quintana percorreu esta mañá as instalacións da conserveira Cermar, no polígono de Sete Pías. Unha empresa galega e familiar, que emprega na actualidade a 70 persoas.

     

    Rosa Quintana percorreu esta mañá as instalacións da conserveira Cermar. A conselleira en funcións coñeceu de primeira man a súa actividade de fabricación de conservas de peixe e marisco e de pratos precociñados refrixerados, que lle valeron un posicionamento internacional.

    Quintana puxo en valor a aposta da Xunta por mellorar a competitividade das empresas do sector transformador. Un obxectivo para o que teñen en marcha unha liña de axudas por valor de 6,8 millóns de euros.

    Cermar iniciou a súa actividade no ano 2.000, e na actualidade conta con 70 traballadores. Un crecemento que destacou o propietario da firma, Constante Otero.

    Dende o ano 2004, Cermar especializouse na elaboración de pratos precociñados refrixerados, elaborados de xeito artesanal con receitas típicas de Galicia. Ademais, foi a primeira empresa á que o Consello Regulador do Mexillón de Galicia outorgou a Denominación de Orixe Protexida “Mexillón de Galicia” para as súas marcas Galica e Cermar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/visita_conselleira_cermar_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/visita_conselleira_cermar.mp4{/flowplayer}