O Club de Remo Puebla inicia unha campaña de captación de axudas para a compra dunha traíña

    POBRA> O Club de Remo Pobra vén de adquirir unha nova traíña construída na súa totalidade en fibra de carbono coa que agardan poder competir na primeira división do remo autonómico. O seu elevado custe, uns 36 mil euros, fixeron que a entidade iniciase unha campaña de captación de axudas entre a veciñanza de cara a poder sufragar a compra da nova embarcación.

    Como sinalaron dende o propio club de remo, a compra da nova traíña xorde dunha necesidade deportiva, xa que a ‘Carmela’, a embarcación que viñan empregando ata o de agora estase a quedar un pouco obsoleta, lonxe das modernas traíñas construídas na súa totalidade en fibra de carbono coas que compiten a maioría de clubs que militan na primeira división do remo galego. O seu elevado custe, uns 36 mil euros, unha cantidade difícil de asumir por parte da entidade, provocou que a directiva iniciase unha serie de xestións con outras Administracións en busca dos apoios necesarios para efectuala compra. Froito desas xestión, e grazas á mediación do propio concello pobrense, conseguiuse a implicación da Deputación da Coruña que sufragará o 50% do seu importe. Aínda así non cgega polo que dende o club decidiron iniciar unha captación de axudas entre os veciños. A nova embarcación, construída nos estaleiros Amilibia, no País Vasco, seralle entregada en decembro para que poidan empregala nas distintas competicións nas que toen parte. O obxectivo do club pasa por mellorar o sexto posto acadado o pasado ano na Liga Galega de Traíñas no grupo A. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/clubremopobraobxectivotraina20150611141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/clubremopobraobxectivotraina2015061114.mp4{/flowplayer}