Levarase a cabo a reordenación do tramo da avenida do Malecón

    RIBEIRA> O executivo ribeirense levará a cabo a reordenación do tramo da avenida do Malecón comprendido entre a rúa Rosalía de Castro e o mercado municipal. Trátase dunha vella aspiración que finalmente cobrará vida, coa finalidade de favorecer o tránsito pernil na zonal. A actuación terá un investimento próximo ós 114 mil euros.

    Dende hai tempo o executivo ribeirense viña barallando a posibilidade de levar a cabo unha actuación importante de cara a reordenación da actual avenida do malecón, que pasa por ser unha das principias arterias de comuniciación. Por esta razón decidiu elaborar un proxecto técnico que permitirá levar a cabo un cambio na actual imaxe da cidade, concretamente a actuación afectará a un tramo desta rúa comprendido entre o cruce da vía con Rosalía de Castro e o mercado municipal, subdividíndose á súa vez en dúas zonas diferenciadas. Así vaise reordenar o mobiliario urbano, creando unha zona libre de obstáculos e executando ademais unha mediana axardinada continua de dous metros de ancho polo centro da calzada, con plantación de céspede. Previamente, está prevista tamén a desmontaxe dos bancos e xardineiras alí existentes, así como as fontes e bancos de pedra. A actuación incluirá tamén, na parte máis próxima ó edificio do mercado, a substitución da actual baldosa hidráulica alí por lousas de pedra, coa finalidade de darlle unha maior sintonía co resto da avenida do Malecón que si dispón deste último material. A execución desta obra suporá un investimento de máis de 112 mileuros e o prazo de execución, unha vez adjudicados os traballos, será de tres meses. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/proxectomelloramaleconribeira0611141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/proxectomelloramaleconribeira061114.mp4{/flowplayer}