Exitoso desfile do Centro Comercial Deán na Pobra do Caramiñal

    POBRA> O Centro Comercial Aberto DEÁN da Pobra do Caramiñal realizou esta fin de semana no Auditorio do Lagar un desfile de moda da tempada outono-inverno. A través dos diferentes modelos, varios establecementos pobrenses mostraron as súas prendas de roupa a todo o público asistente que non deixou libre unha butaca do edificio.

    O auditorio do Lagar abriu as súas portas para recibir ós centos de veciños que non quixeron perderse este espectáculo. Establecementos como Sportmoda, Fina Campaña e Burbujas mostraron as súas prendas ó publico asistente ó son da música que xunto cos modelos animaron a todo o público presente. Tratábase dunha colección outono inverno dos establecementos da zona, mostrando dende uns vaqueros cun xersei e unhas botas ata un vestido cuns zapatos de tacón. A colección vai destinada tanto a homes como mulleres dende roupa, zapatos e complementos ata gafas. O público asistente completou o aforo do Auditorio, é máis, sobrepasouno, xa que a medida que se desenvolvía o desfile seguía chegando moita máis xente. Cabe destacar a colaboración de mozos na axuda do desfile, facendo labores de cámara e música, un dos puntos fortes do espéctaculo. Tamén tivo lugar un desfile de traxes tradicionais galegos musicado con pandereteiras, que puxo o broche final a este exitoso desfile pobrense. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/desfilemodacentrocomercialabertopobra1011141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/desfilemodacentrocomercialabertopobra101114.mp4{/flowplayer}