Ribeira adxudica unha nova pista de skate no lugar de Fontán

RIBEIRA> O concello de Ribeira adxudicou as obras para a creación dun parque de skate en Fontán. A empresa ‘Obras y Viales de Galicia’ executará esta novo espazo deportivo na zona do Touro cun orzamento próximo ós 150 mil euros.

O paseo do Touro contará cun novo espazo deportivo. O concello de Ribeira adxudicou a instalación dun parque de skate, nunha parcela municipal duns cincocentos metros cadrados na zona de Fontán. A empresa OVIGA S.L. acometerá a obra cun orzamento de 142 mil euros e un prazo de execución de tres meses.

O proxecto, redactado polo prestixioso arquitecto alacantino Daniel Yábar, contempla un skatepark cunha zona de rúa e outra de rampla que estará integrada na paisaxe constituíndo unha aposta por un urbanismo inclusivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí