As comunidades de montes avalían os danos no Parque Natural de Corrubedo

    RIBEIRA> As comunidades de Montes de Ribeira amosan a súa preocupación tralo incendio do Parque Natural de Corrubedo. Dous días despois do maior lume que sufríu este espazo protexido, visitamos a zona para coñecer cales son agora mesmo as prioridades urxentes para paliar os efectos desta traxedia. Nin sequera a devastadora vaga de lumes de 2006 danou tan gravemente coma nesta ocasión estes terreos do Parque Natural de Corrubedo en Ribeira. 39 hectáreas arrasadas. O peor lume desde que en 1992 fose declarado espazo protexido. E todo comezou aquí, no lugar onde casualidades do destino, hai xusto dez anos, a praia do Vilar tivo que ser desaloxada pola proximidade das lapas. O luns á noite, este local que rexenta Francisco desde hai máis de 20 anos, estivo a piques de ser devorado polo lume. Aínda que ao final o susto quedou niso, Francisco xa non contaba co restaurante. O presidente da Comunidade de Montes afectada, cre que o acontecido debería sentar un precedente para modificar o coidado e mantemento do Parque Natural. Agora toca agardar a que nos próximos días a Administración emita o informe oficial do incendio que arrasou, en poucas horas, este piñeiral con exemplares de máis de sesenta anos de vida.