O PP Noiés denuncia a turbidez da auga

    NOIA> O pp noiés ven de denunciar o estado no que se atopa a auga de Noia, xa que pasa directamente dos tanques de recepción á fase de tratamento sen pasar por ningún tipo de filtro ou decantamento para a súa depuración.

    O portavoz do Partido Popular de Noia, Julio Bustelo, denuncio esta fin de semana o problema que están tendo os veciños, tanto nas súas casas como nos seus negocios debido á calidade da auga potable. Isto débese, segundo os populares, a que auga non pasa por ningún tipo de filtros nin decantadores para a súa depuración, senón que pasa directamente á sala de tratamento con produtos químicos, os cales teñen que ser aumentados a niveis que poden ser prexudicias para a saúde. O Partido Popular de Noia pregúntase a que se destinaron os case 835.000 euros invertidos na estación de tratamento nos últimos anos, si é que se fixo algo. Afirman que o concello Noiés non licitou as obras ata setembro de 2014 estando aberto o prazo dende novembro de 2013. Están seguros ademáis, de que o concello non vai rematar as obras no prazo que se lle concedeu, xa que remata este xoves e as obras aínda están sen rematar. Julio Bustelo aportou ademáis unhas fotografías nas que se mostran os tanques de filtrado e decantación abertos, demostrando que o que denuncian é verdade, por iso a auga chega as casas de cor marrón. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/ppnoiaturbidezauga1011141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/ppnoiaturbidezauga101114.mp4{/flowplayer}